HomeOurenseO Concello activa desde mañá unha liña de reforzo do servizo de...

O Concello activa desde mañá unha liña de reforzo do servizo de autobuses desde o Parque de San Lázaro até Mariñamansa

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense porá en marcha desde mañá xoves, 23 de outubro, unha nova liña de reforzo do servizo de autobuses urbanos, que percorrerá en bucle o treito que vai desde o Parque de San Lázaro até a Avenida de Zamora (á altura da rotonda de acceso á Finca Sevilla).

Esta iniciativa enmárcase no proceso de optimización do servizo de transporte público que desenvolve o Concello. Unha vez equilibrado o corredor norte (entre o Parque de San Lázaro e O Vinteún), o autobús de reforzo trasládase ao corredor sur da cidade, co obxectivo de mellorar a mobilidade e desconxestionar o tráfico nas horas punta, especialmente nas liñas 3 e 4, que rexistran un notable incremento de persoas usuarias.

O autobús de reforzo funcionará desde as 7.00 horas (primeira saída cara a Mariñamansa, desde a parada de Xoán XXIII, detrás da Subdelegación do Goberno) até as 15.00 horas (último regreso cara ao Parque de San Lázaro).

Publicacións Relacionadas