HomeOurenseO Concello adxudica as luces de Nadal da cidade, que se acenderán...

O Concello adxudica as luces de Nadal da cidade, que se acenderán o día 5 de decembro

- Anuncio -spot_img

Cun orzamento de case 600.000 euros, comezarán a colocarse no vindeiro mes de setembro

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, en sesión celebrada hoxe, adxudicou o contrato para a subministración e instalación da iluminación de Nadal da cidade. Deste xeito, a instalación das luces de decoración da cidade para esta cita festiva comezará a mediados do vindeiro mes de setembro e o acendido levarase a cabo, como en anos anteriores, o 5 de decembro (venres), véspera da tradicional ponte dos días 6 e 8 do derradeiro mes do ano.

Os traballos, que inclúen a subministración e a instalación en réxime de alugueiro dos elementos decorativos do alumeado de Nadal do Concello, serán realizados pola empresa Iluminacións Ximénez SA, que foi a única que se presentou ao concurso convocado polo Concello para prestar este servizo. O prezo de adxudicación do contrato é 596.004,99 euros, IVE engadido.

Publicacións Relacionadas