Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en sesión extraordinaria adxudicar a Oreco Balgon SA, o contrato das obras do proxecto construtivo de acondicionamento e mellora dos espazos urbanos na rúa Alejandro Pedrosa.
Este proxecto está financiado parcialmente con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, ao abeiro do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano. As obras adxudícanse por un importe total de 2.979.419,36 €
Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para o Programa 1 de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio Next Generation EU:
- 01. Conxunto histórico de Ourense – CHOU para rehabilitación edificatoria
- 02. Núcleo de interese etnográfico de Seixalbo para rehabilitación edificatoria
- 03. O Polvorín, As Camelias, A Carballeira para rehabilitación edificatoria
- 04. Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado, A Inmaculada para rehabilitación edificatoria.