A Xunta de Goberno Local aproba os convenios de colaboración do Concello con Banco de Alimentos, ADO, Proxecto Home, Comité Anti-SIDA, Limiar e Amencer
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión desta mañá adxudicar as obras dos proxectos de mobilidade vertical e humanización da rúa Nicomedes Pastor Díaz e de mellora da accesibilidade na Alameda do Cruceiro, dúas actuacións que suporán un investimento de conxunto de case dous millóns de euros. Na mesma sesión, aprobou os convenios de colaboración entre o Concello e diferentes entidades que desenvolven o seu labor no ámbito dos servizos sociais (Banco de Alimentos e ADO), da Saúde (Proxecto Home e Comité Antisida), da participación cidadá (Limiar) e xuvenil (Amencer). Na sesión desta mañá, que tivo lugar no salón de plenos do Concello, tratáronse un total de 28 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais.
Infraestruturas (2)
Adxudicar a Prace Servicios y Obras SA, o contrato das obras do proxecto de mobilidade vertical e humanización da rúa Nicomedes Pastor Díaz, de acordo co proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno Local e as ofertas presentadas, por resultar a oferta coa mellor relación calidade-prezo, por un prezo total de 1.561.259,94 €
Adxudicar a Coviastec SL, o contrato das obras do proxecto de mellora da accesibilidade na rúa Alameda do Cruceiro, de acordo co proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno Local e as ofertas presentadas, por resultar a oferta coa mellor relación calidade-prezo, por un prezo total de 398.508,91 €
Licenzas (2)
Conceder a licenza urbanística de segregación dun baixo na Avenida de Marín
Conceder unha licenza para obras de instalación dun ascensor nun edificio na rúa Bonhome
Patrimonio (1)
Arquivar un expediente de danos nun fito na estrada de Vigo
Rehabilitación (4)
Concesión de 4 axudas a outras tantas actuacións de rehabilitación e reforma de vivendas nas áreas de rehabilitación (ARRU) da cidade:
Rehabilitación dun edificio na rúa Carriarico (dentro da ARRU O Polvorín, As Camelias, A Carballeira), á que se lle outorga unha subvención de 12.775,15 €.
Obras de illamento térmico exterior nunha vivenda na rúa Sol, na ARRU do Núcleo de Seixalbo, por un importe de 7.931,46 €.
Instalación de caldeira de pellets e obras auxiliares nun edificio de vivendas na Rúa Vázquez Núñez, na ARRU O Polvorín, As Camelias, A Carballeira, por un importe de 2.793,50 €
Obras de substitución de carpinterías exteriores nunha vivenda na rúa Emilia Pardo Bazán, na ARRU do Centro Histórico, por un importe de 2.992,50 €.
Infraestruturas (1)
Rectificar un acordo da XGL do 10 de febreiro relativo á devolución dunha fianza
Xestión económica e orzamentaria (1)
Aprobar unha relación de facturas por un importe total de 4.548,98 € correspondentes a gastos realizados en exercicios anteriores que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación nos devanditos exercicios.
Sanidade (2)
Aprobar a concesión de subvencións nominativas e os convenios de colaboración do Concello con dúas entidades:
Coa Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home, polo importe de 25.000 euros, para o financiamento do proxecto educativo-terapéutico de actividades de rehabilitación e inserción sociolaboral en réxime residencial de condutas aditivas para persoas con adicións correspondente ao exercicio 2022.
Coa Asociación Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense, polo importe de 25.000 euros, para o financiamento dun programa de redución de riscos en persoas usuarias de drogas por vía parenteral correspondente o exercicio 2022.
Asuntos sociais (2)
Aprobar o Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Banco de Alimentos de Ourense, polo importe de 21.000,00 €
Aprobar o Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO), polo importe de 21.000 euros, para financiar o proxecto de fomento e desenvolvemento da autonomía para persoas con discapacidade intelectual.
Xuventude (1)
Aprobar o convenio polo que o Concello de Ourense lle concede unha subvención nominativa á Asociación Xuvenil Amencer, recollida no vixente Orzamento municipal, polo importe de 11.000 euros
Participación cidadá (1)
Aprobar o convenio polo que o Concello lle concede unha subvención nominativa á Federación de Asociacións Veciñais de Ourense, Limiar, recollida no vixente Orzamento municipal, polo importe de 15.200 euros
Avogacía Consistorial (11)
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que estima parcialmente o recurso interposto polo Concello contra a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo numero 1 de Ourense que anulaba o capítulo 1 dos orzamentos do Concello para 2020 e aqueles actos e disposicións que foron aprobados en materia de persoal polo Concello en 2020 sen a negociación colectiva obrigatoria coa parte sindical.
A sentenza do TSXG que hoxe se coñeceu confirma, en parte, a anterior, xa que mantén a anulación do capítulo 1 dos orzamentos pero, atendendo os argumentos expostos polo Concello, non anula aqueles actos e disposicións que foran aprobados en materia de persoal.
Sentenza do Xulgado de primeira instancia favorable ao Concello nun xuízo verbal por conformidade da outra parte
Sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1, que estima o recurso dunha traballadora do Concello á que se lle denegara unha solicitude de axuda social
Sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1, que desestima o recurso interposto por un particular e avala a legalidade dunha licenza concedida polo Concello.
A Xunta Local tamén deu conta de que Concello comparecerá diante dos xulgados do contencioso administrativo en 7 procedementos abreviados.



