O Concello adxudica o contrato do servizo de axuda no fogar

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse este mediodía nunha sesión extraordinaria e urxente, na que adoptou dous acordos.

Por unha banda, acordou adxudicar a Clece SA o contrato do servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense, de acordo co prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno Local e as ofertas presentadas, por resultar a oferta coa mellor relación calidade-prezo, cunha baixa do 2,7%% con respecto aos prezos unitarios máximos de licitación. A empresa ofertou tamén melloras en canto a horas de redución no prazo para efectuar a alta nos casos de urxencia e de extrema urxencia, e nas horas ofertadas anualmente para limpezas de choque. Tamén se aprobou un reaxuste nas anualidades do contrato, que se estenderá desde o 1 de xullo de 2025 até o 30 de xuño de 2027

Na mesma sesión, a xunta local aprobou rectificar un erro material advertido nunha das cláusulas administrativas do prego para a contratación da execución do proxecto de dixitalización e mellora da eficiencia en materia de xestión do ciclo integral da auga, aprobado pola xunta de goberno local na súa sesión de onte.

Comparte este artigo