HomeOurenseO concello apoiará o labor do Centro de atención a vítimas de...

O concello apoiará o labor do Centro de atención a vítimas de agrasións sexuais CAVAS Galicia

- Anuncio -spot_img

O alcalde e o tenente de alcalde recibiron a presidenta e a secretaria da entidade sen ánimo de lucro, que inicia a súa actividade


O Concello estuda proporcionarlles un local onde desenvolver os seus servizos de atención psicolóxica e xurídica ás vítimas e actividades de prevención da violencia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Armando Ojea recibiron esta mañá no salón de plenos do Concello a presidenta, Ester Cano González, e a secretaria, Sonia Fernández Bertólez, do Centro de atención a vítimas de agresións sexuais de Galicia, CAVAS Galicia.

Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro, acabada de constituír, que ten como finalidade “ofrecer atención integral ás vítimas de violencias sexuais, proporcionándolles atención psicolóxica e xurídica”, segundo explicou Sonia Fernández. CAVAS tamén pretende desenvolver o seu labor no eido da prevención, “a través de actividades de concienciación e sensibilización para que este fenómeno deixe de ocorrer”, explicou.

O goberno municipal expresou a súa vontade de “dar todo o apoio” a esta iniciativa, segundo explicou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanzou que “a primeira solicitude que nos piden é ter un espazo onde poidan ter a actividade da asociación. Estamos buscando, e creo que é posible”, asegurou.

As persoas interesadas poden contactar con CAVAS Galicia a través do enderezo de correo electrónico cavas.galicia@gmail.com e o número de teléfono 672780515.

Publicacións Relacionadas