A Xunta de Goberno Local adoptou 16 acordos na súa sesión ordinaria desta semana
A Xunta de Goberno Local aprobou este mediodía a convocatoria das subvencións que o Concello destinará este ano a apoiar a actividade que desenvolven as asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais na cidade. Cun orzamento de 325.100 euros, ten como finalidade darlle apoio aos programas, proxectos ou actividades de interese, promoción social ou de utilidade pública no ámbito dos servizos sociais que promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que estean dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.
As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, e as asociacións interesadas poderán presentar as súas solicitudes durante un prazo dun mes, a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Na mesma sesión, ordinaria desta semana, a Xunta de Goberno Local aprobou outros 15 asuntos presentados por diferentes servizos municipais
Licenzas (2) Conceder as licenzas de obra para o proxecto básico de reforma e rehabilitación dunha nave para uso comercial na rúa Pena do Vao, e para o proxecto modificado dunha vivenda unifamiliar illada na Rabaza de Abaixo,
Aperturas (1). Denegar unha prórroga para rematar obras nun inmoble na rúa Pena do Vao
Patrimonio (8) Desestimar 5 reclamacións de responsabilidade patrimonial, estimar outras 2 e arquivar outra.
Concellería de Facenda (1). Aprobar o proxecto de modificación dos orzamentos do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense 4M/CMD/2024, utilizando a figura do suplemento de crédito. Destinará a diferentes aplicación orzamentarias 501.000 euros procedentes de remanente de tesouraría para gastos xerais. O proxecto de modificación orzamentaria aprobado hoxe elevarase ao Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación
Servizos Xerais (1) Adherirse á Central de Contratación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), coa finalidade de que o Concello poida contratar os servizos postais e telegráficos que sexan contratados por esta
Alcaldía (1) Designar a representación do Concello nun procedemento ordinario
Avogacía Consistorial (1). Dar conta dunha sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense

