HomeOurenseOurenseO Concello aproba as bases reguladoras para obter o permiso de condutor...

O Concello aproba as bases reguladoras para obter o permiso de condutor / a de taxi en Ourense

- Anuncio -spot_img

Estudos de ESO ou equivalente; coñecemento das vías da cidade e dos itinerarios mais adecuados para chegar ao momento de destino; coñecementos de galego e de castelán; primeiros auxilios… entre os coñecementos que deberán demostrar.

Ademais deste, a xunta de goberno local aprobou outros 15 expedientes achegados por diferentes servizos municipais.

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou, na súa sesión desta mañá, as bases reguladoras do procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi na cidade.

As persoas que aspiren ao permiso -a obtención da licenza será outro trámite posterior- deberán cumprir, entre outros, cos seguintes requisitos: ter o permiso de conducir da clase B ou superior en vixencia; estudos de ESO ou equivalente; coñecemento das vías públicas, lugares de interese turístico, hospitais, oficinas públicas, centros oficiais, hoteis da cidade… así coma os itinerarios mais adecuados e directos para chegar ao lugar de destino; coñecementos de galego e de castelán; primeiros auxilios; ou atención a persoas con mobilidade reducida ou que presenten algunha discapacidade.

Os exames, que se realizarán nas dependencias da Concellería de Transportes, constarán de 44 preguntas tipo test (agás a do itinerario) con 3 opcións e só unha verdadeira. Para acadar o apto é necesario ter superadas as diferentes partes da avaliación.

Actualmente, o Concello de Ourense ten 104 licenzas de taxi.

Ademais deste, a xunta de goberno local abordou outros 15 expedientes achegados por diferentes servizos e áreas municipais.

Avogacía consistorial (5). A xunta de goberno deu conta de cinco sentenzas.

O xulgado do contencioso administrativo estimou unha reclamación por responsabilidade patrimonial interposta por un particular polos danos causados no seu vehículo por mor dunha tapa de sumidoiro, e o Concello deberá indemnizalo con 893,93 euros.

Estima tamén o tribunal o recurso dun veciño que recorrera contra a imposición dunha sanción de 1.502,54 euros por ruídos no seu domicilio.

En materia laboral, o Concello deberá indemnizar con 1.385,31 euros a un traballador que foi despedido polos días traballados entre a resolución do seu expediente disciplinario e o seu despedimento.

Finalmente, dúas sentenzas en materia urbanística: A primeira, do Tribunal Supremo, estima o recurso dun particular e lembra o criterio a seguir neste tipo de situacións: cando unha solicitude se tramite de acordo co plan xeral vixente, aínda que este sexa anulado posteriormente, entenderase amparada legalmente, mesmo se é por silencio positivo.

A segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, declara que a nulidade dunha licenza para a construción dun edificio na rúa Progreso -concedida en maio de 1996 e revogada en xunta de goberno local de febreiro de 2017- é conforme á legalidade. A sentenza obriga a parte demandante a facerse cargo do custe do proceso.

Licenzas (5). Concedéronse licenzas para a instalación de dous ascensores en senllos edificios da capital; para unha obra de eliminación de barreiras arquitectónicas nun portal; para o proxecto básico de reforma e ampliación dunha vivenda unifamiliar; e para a reforma da cuberta e obras de finalización dun inmoble.

Aperturas (2). Concédese licenza para a adaptación dunha planta baixa a centro de adestramento e ximnasio; e para a ampliación de aparcadoiro nun restaurante.

Disciplina (1) Incóase, de oficio, expediente de ruína técnica a un inmoble emprazado na estrada de Santa Mariña.

Educación (1). Apróbase a extensión a 2021 da vixencia das bases que xa rexen desde 2020 para a selección de proxectos formativos para a Universidade Popular debido á crise sanitaria provocada pola pandemia.

Xestión Tributaria (1). O Concello solicítalle ao Catastro a realización de traballos de rexistro e control para o ano 2021, en virtude do convenio de colaboración que manteñen as dúas entidades. O Concello entregaralle a documentación catastral a Segipsa -empresa encargada de realizar os traballos-, ademais dos expedientes que se presenten en 2021, por unha contía máxima de 15.030,83 euros.

Publicacións Relacionadas