O Concello aproba o Plan de actuación integrado Ourense verde e conectado, con 9 proxectos cun orzamento total de case 20 millóns de euros

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local acorda solicitar unha axuda de 12 millóns de euros de fondos FEDER para desenvolvelos

A Xunta de Goberno Local aprobou este mediodía nunha sesión extraordinaria e urxente a participación do Concello de Ourense no procedemento de solicitude de subvencións a través da convocatoria para a asignación de senda financeira do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a Plans de Actuación Integrados de entidades locais.

Con esta finalidade, a xunta local aprobou o Plan de Actuación Integrado Ourense verde e conectado, que reúne 9 proxectos cun orzamento total de 19.984.134,23 €:

  • Humanización da rúa  Doutor Fleming: 1.616.554,43 €
  • Humanización da rúa Bonhome: 1.928.796,53 €
  • Mellora de mobilidade vertical na rúa Rampla de Sas: 3.896.808,65 €
  • Mellora de mobilidade vertical na rúa Amor Ruibal: 934.306,78 €
  • Humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco: 5.358.525,70 €
  • Programa de gobernanza e cohesión social: 120.000,00 €
  • Renaturalización da cidade: 5.649.142,14 €
  • Programa: Ourense VERDE, Barrios VERDES 240.000,00 €
  • Programa: Ourense VERDE, Rúas VERDES 240.000,00 €

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno acordou solicitar unha axuda por un importe de 12.183.189,23 euros, no marco da convocatoria para a asignación de senda financeira FEDER a Planes de Actuación Integrados de entidades locais, no marco do desenvolvemento urbano sostible, FEDER 2021-2027.

A Xunta Local aprobou tamén nesta xuntanza a estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) do Concello, de conformidade coas directrices, obxectivos e liñas de actuación establecidas para a área Urbana Funcional Ourense Sur elaborada pola Deputación Provincial de Ourense, baixo a metodoloxía da Axenda Urbana Española, asumindo integramente o seu contido.

Comparte este artigo