Home Ourense O Concello aproba o plan estratéxico para destinar 10 millóns de euros...

O Concello aproba o plan estratéxico para destinar 10 millóns de euros a bonos que incentiven o consumo no comercio e hostalaría da cidade

- Anuncio -

O Xulgado do Contencioso desestima o recurso contra o decreto de Alcaldía que ditou o cesamento dun traballador como persoal eventual, auxiliar político do grupo do PSdeG-PSOE

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá o Plan estratéxico especial de subvencións para a dinamización e incentivo do consumo nos comercios retallistas e establecementos de hostalería do municipio de Ourense, dotado con 10 millóns de euros. Este acordo é un paso previo para a próxima aprobación das bases que rexerán a convocatoria destas axudas.

O Plan estratéxico responde ao obxectivo de dinamizar e fomentar o consumo no comercio local de Ourense, entendido nun senso amplo, que abrangue tanto o comercio retallista como a hostalaría. Preténdese adoptar medidas de dinamización e incentivo do consumo, que permitan por unha banda mitigar o efecto contractivo do gasto que pode causar a inflación e, por outra, e especificamente para o caso do comercio local, incentivar o consumo neste tipo de establecementos, propiciando a fidelización da clientela e o mantemento de hábitos de compra no comercio local

As axudas consistirán nun bono por valor equivalente a 100 euros, que será obxecto de desconto nas compras que se leven a cabo en comercios retallistas e establecementos de hostalería do municipio. Poderán ser beneficiarias dos bonos todas as persoas físicas empadroadas no Concello de Ourense na data de aprobación da convocatoria. Os bonos poderán ser trocados por descontos na adquisición de bens ou servizos en establecementos comerciais ou de hostalería abertos ao público no municipio de Ourense que teñan a consideración de microempresas ou pequenas empresas.

O custo previsto para esta actuación no exercicio 2023 é de 10.001.000 €, en concepto de axudas, xa que se pretende implementar unha liña que chegue de forma xeneralizada ao conxunto da poboación e teña un impacto suficiente sobre o tecido económico local. O plan de actuación para a execución desta liña estratéxica realizarase mediante a elaboración das correspondentes bases reguladoras da convocatoria, e conforme ás súas determinacións.

Na sesión desta mañá, a Xunta de Goberno Local tratou tamén outros 16 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais

Asesoría xurídica (1)

Exercer as accións legais que correspondan, e en concreto interpoñer recurso contencioso administrativo contra a Resolución do 22 de decembro da Secretaría General de Transportes y Movilidad, por delegación da Secretaría de Estado de Transportes, movilidad y agenda urbana, de outorgamento de subvencións ás entidades locais por servizos de transporte colectivo urbano con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2022.
Licenzas (3)

Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma dun edificio para 5 vivendas na Avenida de Portugal
Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de modernización do ascensor existente nun edificio da Avenida de Zamora
Declarar a innecesariedade de licenza de segregación dun edificio na rúa Marcelo Macías
Aperturas (1)

Conceder a licenza urbanística de obra en vía de legalización e remate de obras para o proxecto de Clube Deportivo-Social Particular no Pazo de Ramirás, Santa Cruz de Arrabaldo
Artes e festexos (1)

Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) para a organización e execución do Programa de actividades escénicas para escolares de Afundación no Auditorio Municipal de Ourense
Sistemas de información (1)

Aprobación dunha conta xustificativa
Tesouraría (1)

Expediente de depuración de saldos contables
Avogacía Consistorial (7)

A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento de 4 sentenzas:

Sentenza núm. 8/23 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, no procedemento abreviado 60/22, que desestima o recurso fronte ao decreto da Alcaldía que ditou o cesamento dun traballador como persoal eventual, auxiliar político do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Ourense. A sentenza desestima a demanda interposta polo actor ao entender a xuíza que lle foi debidamente notificado o decreto de cesamento e, con respecto á desviación de poder, di que non se probou que se cometese ningunha infracción do ordenamento xurídico por parte do Concello, xa que o cesamento é libre e foi acordado pola autoridade que o nomeou.
Sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense, que desestima o recurso dun particular en materia de licenzas
Sentenza do Xulgado do Social, número 1, que se declara incompetente para coñecer o asunto, sinalando que a xurisdición competente é a contencioso administrativa
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que estima parcialmente o recurso interposto polo Concello contra a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo numero 1 de Ourense que anulaba o capítulo 1 dos orzamentos do Concello para 2020 e aqueles actos e disposicións que foron aprobados en materia de persoal polo Concello en 2020 sen a negociación colectiva obrigatoria coa parte sindical. Esta sentenza, do mesmo sentido que outra ditada por este mesmo tribunal, da que se deu conta na xunta de goberno do pasado 22 de decembro, confirma en parte a do contencioso, xa que mantén a anulación do capítulo 1 dos orzamentos pero, atendendo os argumentos expostos polo Concello, revógaa en parte e non anula aqueles actos e disposicións que foran aprobados en materia de persoal.
Comparecencias (3)

O Concello comparecerá diante dos xulgados do contencioso por procedementos abreviados relativos a unha reclamación en materia tributaria e dúas no ámbito laboral

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas