HomeOurenseO Concello asina o convenio coa Federación de ANPAS de colexios públicos...

O Concello asina o convenio coa Federación de ANPAS de colexios públicos para dar apoio aos servizos de almorzo, comedor e acollida que prestan na cidade

- Anuncio -spot_img

O alcalde Gonzalo Pérez Jácome e o presidente da entidade, José Antonio Álvarez asinaron o acordo, ao que o Concello destina unha achega de 66.000 euros

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos de Ourense, José Antonio Álvarez Caride, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e a federación para dar apoio aos servizos de comedor, almorzo e acollida que presta esta entidade nos colexios de Primaria e Infantil da cidade. O Concello de Ourense destinará unha achega de 66.000 euros como subvención a esta finalidade.

O convenio co Concello de Ourense permitirá que a federación poida manter os prezos que pagan habitualmente as familias usuarias destes servizos, así como a súa calidade, segundo explicou o seu presidente, José Antonio Álvarez, quen asegura que “somos punto de referencia a nivel estatal”, coidando sempre a materia prima e a dotación do persoal ao cargo. “Nós non botamos de comer, nós servimos de comer o máis saudable posible, e cun ámbito de compra, sempre que poidamos, en km 0”, de forma que o gasto que realizan as familias quede na cidade.

A Federación presta na actualidade servizos de comedor, almorzo ou acollida nos colexios Curros Enríquez, A Inmaculada, Mestre Vide, A Ponte, Virxe de Covadonga e As Eiroás.

Publicacións Relacionadas