HomeOurenseO Concello avanza na campaña de acondicionamento de firme, con actuacións en...

O Concello avanza na campaña de acondicionamento de firme, con actuacións en medio centro de rúas e un investimento de case un millón de euros

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense está a rematar unha das campañas de acondicionamento do firme en vías públicas, tanto no ámbito urbano como no perímetro rural, que se iniciaba o pasado 29 de novembro. Son, en total, medio cento de actuacións nas que se repara o firme e as beirarrúas, que en moitos dos casos levaban décadas sen mantemento. A realización dos traballos estase adaptando en función das inclemencias meteorolóxicas.

Prevese que os traballos de acondicionamento do firme estean rematados na maior parte dos casos neste mesmo mes, quedando pendentes actuacións complementarias que se realizarán en vindeiros días.

O investimento previsto nas actuacións que se realizan ascende a preto dun millón de euros, que van desde os 41.000 nos que está orzamentado o proxecto de beirarrúas en Mende até os 7.501 euros de Fondo do Picouto.

As actuacións estanse acometendo en todos os barrios da cidade e no perímetro rural, con proxectos de beirarrúas na zona das Camelias – Pontepelamios, asfaltados en rúas como Fernández Bordás, Lucas Labrada, Pascual Veiga, Antonio Jausaras, Eladio Rodríguez e a cotorna do colexio da Carballeira.

Outras zonas nas que está a executar obras de acondicionamento de firme o Concello son na Bantudeira, Paseo da Lontreira, Poutás, Camiño do Regueiro, Rúa Seoane de Canedo, Camiño Outarelo, Rúa do Papón, Rúa do Seixo, Rúa do Hórreo, Rúa do Ousande, Rúa Fondo do Picouto, Rúa Porteiro, Rúa da Marquesa, Rúa Toribio, Rúa Liño, Rúa Esgos, Verea Real de Seixalvo, Rúa de Celanova e Rúa D. Tamén se adecuarán as beirarrúas no colexio de Mende e un noiro en Outeiro de Cudeiro.

Publicacións Relacionadas