O Concello axustará o día 6 as liñas de buses para conectar Mende coa residencia e o campo de fútbol coa estación de tren

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense activará o luns, 6 de outubro, os últimos axustes de mellora e optimización da nova rede de liñas do servizo de autobuses urbanos. Consistirán, por unha banda, en dotar de conexión a Mende coa residencia sanitaria, a través do Polvorín, e en ampliar o percorrido da liña número 6 “Campo de fútbol do Couto-Residencia-As Curuxeiras”, desde o campo de fútbol até a estación de tren, para conectar esta última coa residencia, até que no mes de marzo entre en servizo a futura liña circular.

Comparte este artigo