O Concello de Ourense celebrará un pleno extraordinario este xoves, día 29 de decembro, ás 9:30 horas, con dous puntos na orde do día:
Corrección de eros na última modificación do réxime retributivo dos concelleiros e das concelleiras da Corporación. Por un erro, cando se lle asignou a dedicación parcial a 3 edís do Partido Popular, na nova listaxe suprimiuse unha dedicación exclusiva do grupo de goberno. Por este motivo, proporáselle ao pleno a corrección deste erro, con carácter retroactivo.
Axuste de anualidades dos convenios coa Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, en materia de augas residuais, para executar as obras de mellora do saneamento en Velle e Coles.



