HomeOurenseOurenseO Concello celebrará o domingo a tradicional festa de San Lázaro cunha...

O Concello celebrará o domingo a tradicional festa de San Lázaro cunha alborada e a Queima das Madamitas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense celebrará este domingo, día 22 de marzo a tradicional festividade de San Lázaro cunha alborada ás 11.45 horas, con gaiteiros e cabezudos polas rúas do Paseo, Santo Domingo e Parque de San Lázaro, e a tradicional Queima das Madamitas, ás 13.00 horas, a cargo da Pirotecnia Josman, fronte á Subdelegación do Goberno.

Previamente, a Corporación municipal asistirá á misa na honra de San Lázaro que terá lugar ás 11.00 horas na igrexa parroquial de Santo Domingo e participará despois na procesión de San Lázaro, que sairá da igrexa de Santo Domingo e continuará pola rúa Santo Domingo, parque de San Lázaro e a rúa Xaquín Lorenzo ata a igrexa dos Franciscanos.

Ademais, durante o sábado e o domingo estarán instalados arredor do Parque de San Lázaro os tradicionais postos de rosquillas, lambetadas, abelás e produtos típicos destas festas.

Publicacións Relacionadas