O Concello celebrará os xoves de compadres e comadres cos escolares da cidade o vindeiro 27 de febreiro na Praza Maior

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense celebrará os xoves de Compadres e Comadres co alumnado dos centros educativos da cidade nun acto conxunto que terá lugar o vindeiro día 27 de febreiro, pola mañá, na Praza Maior. Este ano, o Concello opta por organizar unha actividade conxunta das dúas celebracións (compadres e comadres), na que escolares de Educación de Primaria dos colexios de Ourense realizarán as tradicionais carreiras de comadres e compadres características desta cita festiva.

Con anterioridade, o Concello desenvolverá obradoiros nos colexios nos que as nenas e os nenos aprenderán a elaborar os mecos cos que participarán nesta actividade. Estes obradoiros súmanse aos de Máscaras de Entroido que tamén organiza o Concello nos colexios para que os e as escolares saiban como confeccionar máscaras, en cartolina, das personaxes máis representativas do Entroido da provincia de Ourense.

Comparte este artigo