HomeOurenseO Concello chega a un acordo coa empresa BeOne para que as...

O Concello chega a un acordo coa empresa BeOne para que as piscinas do recinto deportivo en Oira poidan ser usadas polo público en xeral

- Anuncio -spot_img

As piscinas exteriores das instalacións de Oira que xestiona a empresa BeOne poderán ser utilizadas durante o verán por todas as persoas que o desexen, aínda que non sexan abonadas do recinto, durante toda a xornada en horario de mañá e tarde, previo pago dunha entrada.

Así o acordou o Concello de Ourense coa empresa que xestiona o recinto deportivo. Con esta medida, preténdese aumentar a oferta de espazos para o baño na cidade, onde xa están abertas ao público as piscinas exteriores e gratuítas de Oira, ás que se pode acceder con reserva previa, e as exteriores do pavillón municipal dos Remedios. Esta medida resulta de especial relevancia este ano, dado que non están aberto ao público o complexo de Monterrei, actualmente en obras.

Publicacións Relacionadas