O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta mañá o posto da Asociación de Persoas Xordas de Ourense, que están durante o día de hoxe na rúa do Paseo.
Esta actividade realízase coa gallo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, e distribúen materiais informativos da asociación ourensá e tamén da Federación Galega de Persoas Xordas. Ademais ás 17.30 horas hai contacontos en lingua de signos para nenos e nenas, e ás 18.30 horas un taller de lingua de signos.
Na súa visita, o alcalde comprometeuse a colaborar con esta asociación de cara a actividades que terán lugar nos meses de outono.