Home Ourense O Concello colaborará coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que realiza...

O Concello colaborará coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que realiza un estudo de lonxevidade e organizará o seu congreso de 2025 na cidade de Ourense

- Anuncio -

O alcalde recibiu o presidente e a secretaria da entidade

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o presidente, José María Faílde, e a secretaria, María Dapía, da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, e avanzoulles a vontade do Concello de colaborar en dous proxectos que está a desenvolver esta entidade. Por unha banda, o estudo sobre lonxevidade, que están a realizar actualmente, no que a poboación de Ourense ten un peso moi importante e, por outro, na organización do congreso anual da sociedade, que se desenvolverá en 2025 en Ourense, cuxo eixo central será o avellentamento, a saúde e a calidade de vida.

O presidente da sociedade, José María Faílde, valorou moi positivamente o apoio do Concello nestes dous proxectos. O estudo sobre a lonxevidade, explicou, “é un proxecto importante tendo en conta a alta esperanza de vida que hai neste concello e nesta provincia, e tamén a alta prevalencia que hai de persoas centenarias. Estamos moi satisfeitos porque o Concello de Ourense nos amosou a súa colaboración neste estudo, que non só é importante para a Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, senón tamén para esta cidade, para esta provincia e para Galicia. Coido que é moi importante o que nos teñen que achegar as persoas centenarias porque son portadoras dun patrimonio de saúde que necesariamente debe estudarse e preservarse porque nos axudará a promocionar a saúde no futuro”.

Por outra banda, explicou tamén que o Concello colaborará co congreso anual da sociedade, un evento de ámbito internacional que reunirá o vindeiro ano en Ourense 300 expertos e expertas de diferentes países.

Relacionadas

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

COGAMI impulsa a igualdade e o empoderamento de máis de 200 mulleres con discapacidade...

0
COGAMI desenvolveu ao longo de 2024 tres programas clave para promover a igualdade, o empoderamento e a inclusión social de máis de 200 mulleres...

A Deputación mobiliza maquinaria para traballos de prevención polas xeadas nas estradas provinciais en...

0
Trala previsión de baixas temperaturas na provincial, os equipos e maquinaria da Deputación de Ourense, destinados ao Plan de Vialidade Invernal, iniciaron esta mesma...

A Deputación mobiliza 683.000 euros en axudas para diversas actividades como o fomento de...

0
O goberno provincial sacou adiante a aprobación das bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social nos...

Luis Menor destaca a “innovación” na prestación de servizos nas áreas industriais durante a...

0
O presidente da Deputación puxo en valor esta iniciativa, na que a institución provincial financiou o 40% do investimento, cualificándoa de “área pioneira” Menor reafirmou...

Publicacións Relacionadas