HomeOurenseOurenseO Concello completa as obras de acondicionamento do firme de tres rúas...

O Concello completa as obras de acondicionamento do firme de tres rúas no perímetro rural: Camiño de Rego, Paseo Lontreira e Rúa de Ousende

- Anuncio -spot_img

Os proxectos supuxeron un investimento total de 100.000 euros

O Concello de Ourense rematou esta semana obras de acondicionamento de firme en 3 rúas do perímetro rural da cidade, cun investimento total de 98.428,02 euros. Trátase do Camiño do Rego, na localidade de Santa Cruz, cun investimento de 32.538,33 euros, o paseo Lontreira, na contorna da presa de Velle, por importe de 23.743,56 euros, e na rúa de Ousande, na localidade de Cabeza de Vaca, por importe de 42.146,13 euros.

Estas actuacións forman parte da campaña de acondicionamento de firme que está desenvolvendo o Concello, que prevé actuacións en medio centro de vías públicas, cun investimento total de case un millón de euros.

Publicacións Relacionadas