HomeOurenseO Concello completa as podas de mantemento, seguridade e consolidación das árbores...

O Concello completa as podas de mantemento, seguridade e consolidación das árbores do Rianxo da Praza de Abastos

- Anuncio -spot_img

Os traballos foron realizados por unha empresa especializada, dada a súa complexidade e coa finalidade de garantir o mellor resultado e minimizar molestias

A rúa que baixa desde o Rianxo ate a rúa do Fervedoiro segue cortada ao tráfico polas obras de reforma do edificio da Praza de Abastos

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense completou na mañá de hoxe as podas de mantemento, seguridade e consolidación realizadas durante esta semana nas árbores emprazadas na zona do Rianxo da Praza de Abastos número 1 de Ourense.

Os traballos, dada a súa complexidade, foron contratados polo Concello a unha empresa especializada en arboricultura e poda en altura, coa finalidade de garantir o mellor resultado, minimizar as molestias á cidadanía e preservar nas condicións de seguridade axeitadas as estruturas existentes nesta zona anexa ao mercado municipal.

Porén, a baixada do Rianxo cara á rúa do Fervedoiro segue pechada á circulación de vehículos, neste caso pola execución das obras de rehabilitación do edificio da Praza de Abastos número 1.

Publicacións Relacionadas