Home Ourense O Concello concédelle o XXII Premio Risco de creación literaria á novela...

O Concello concédelle o XXII Premio Risco de creación literaria á novela ‘A casa da mina’, de Mª Carmen Caramés

- Anuncio -

Presentáronse 27 traballos, 17 máis que a pasada edición.

O premio é de 6.000 euros máis a publicación da obra.

O Concello de Ourense concedeulle á novela ‘A casa da Mina’, de Mª Carmen Caramés Gorgal, o Premio Risco de creación literaria 2021, organizado xunto á Fundación Vicente Risco. O xurado desta XXII edición, formado por Xesús Marcos López, último gañador do certame, a profesora Susana Losada Soto e a directora da Bilbioteca Nós, Rosa Díaz Naya, premiou a súa “atinada descrición da miseria do rural, nun relato de superación da súa protagonista feminina”. Trátase, segundo a súa deliberación, “dunha novela de lectura amena, crítica cos poderes establecidos, onde unha igrexa omnipresente condiciona a vida da xente”.

A novela vencedora, elixida de entre as 27 propostas presentadas este ano -17 máis que a pasada edición- é o relato, en primeira persoa, dunha muller que rememora os tempos de traballadora nas minas de wolfram de Varilongo, e de como a mina cambiou a súa vida. É tamén unha historia de solidariedade e de resistencia contra o franquismo, onde hai unha homenaxe valente ás mulleres sobreviventes.

O premio Risco de creación literaria é de 6.000 euros máis a publicación da obra.

Relacionadas

Luis Menor na Casa de Galicia en Madrid: “O AVE é ese factor de...

0
O presidente da Deputación participou esta tarde na capital do Estado na presentación do libro “Ourense, ”, do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

O presidente da Deputación e o alcalde Ourense inician os contactos para a implantación...

0
Luis Menor e Pérez Jácome mantiveron hoxe un encontro no que o rexedor informou ao presidente provincial do novo prego que rexerá a adxudicación...

Chaves promocionará o luns o seu Festival Gastronómico do Bacallau cunha exhibición en Bispo...

0
O Concello de Ourense colabora con esta iniciativa, que promocionará o evento que se desenvolverá na cidade portuguesa do 1 ao 5 de maio A...

O alcalde avánzalles aos construtores un forte impulso á obra pública e novas medidas...

0
Gonzalo Pérez Jácome participou nun almorzo informativo organizado pola ACO, ao que asistiu medio cento de profesionais O Concello de Ourense remitiralle proximamente á Xunta...

O Goberno provincial presenta unha proposta de modificación de créditos que destina máis de...

0
O presidente Luis Menor subliña que a verdadeira dimensión do expediente atópase, “por encima de todo”, na consolidación do compromiso adquirido para implantar un...

Publicacións Relacionadas