Home Ourense O Concello contratará un Plan de choque de 3,5 millóns para o...

O Concello contratará un Plan de choque de 3,5 millóns para o mantemento e reparación de infraestruturas urbanas

- Anuncio -

Ten como finalidade “poñer moitísimos máis recursos humanos e técnicos na rúa para realizar actuacións de mantemento na cidade”, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cun equipo de 40 persoas que traballarán simultaneamente nestes labores

A Xunta de Goberno aproba o expediente para adxudicar as obras de mellora da accesibilidade na Praza da Lexión, cun orzamento de 647.000 euros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza de hoxe o expediente para contratar un plan de choque de mantemento e reparación de infraestruturas urbanas, que está dotado cun orzamento de 3,5 millóns de euros. Trátase dunha iniciativa que ten como finalidade “poñer moitísimos máis recursos humanos e técnicos na rúa para realizar o mantemento das infraestruturas urbanas”, explicou o alcalde Gonzalo Pérez Jácome, quen destacou que o plan fará posible que a cidade conte con en torno a 40 persoas traballando simultaneamente nos traballos de mantemento das rúas. Este plan de coche, explicou o rexedor, “é algo que teñen outras cidades e en Ourense nunca se implementou e é o noso grupo de goberno o que o vai realizar”.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o expediente para contratar a execución das obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade na Praza da Lexión, cun orzamento de 647.000 euros. Na sesión desta mañá, celebrada no salón de plenos, tratáronse un total de 30 asuntos.

Licenzas (3)

Conceder a licenza de obra en vía de legalización e remate dunha vivenda unifamiliar na rúa Bispo Muñoz de la Cueva
Conceder 2 licenzas urbanística de obra para proxectos de construción de senllas vivendas unifamiliares na Rabaza de Abaixo

Patrimonio (9)

Desestimar a solicitude dun particular que pedía unha certificación de non titularidade dun camiño preto da rúa de Seixalbo. Desestímase porque o camiño é de titularidade municipal
Inadmitir a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha peoa polas lesións sufridas por unha caída na rúa Pascual Veiga, por non ser o Concello de Ourense a Administración competente para resolvela
Arquivar 2 expedientes de resarcimento de danos (a un sinal de tráfico e 2 farolas)
Desestimar 4 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares polas lesións sufridas por caídas nas rúas Río Navea, Paseo, Valle Inclán e Manuel Pereira. porque non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización
Elevar ao Consello Consultivo de Galicia a proposta de desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular por lesións sufridas por unha caída na rúa do Paseo por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.

Rehabilitación (6)

Outorgar definitivamente 6 subvencións a outros tantos proxectos de rehabilitación de vivendas executados por particulares nas áreas de rexeneración e renovación urbana (ARRU) da cidade. Concretamente:

Para as obras de reforma de baño e arranxo de humidades nunha vivenda na rúa Camelias, por importe de 1.875 euros, na ARRU O Polvorín, As Camelias, A Carballeira-5ª Fase
Para as obras de execución de trasdosados e falsos teitos de cartón xeso con incorporación de illamento, mellora da calefacción e renovación de fiestras nun edificio na Praza dos Rosais por importe de 15.242,17 euros, dentro da ARRU dos barrios de San Mamede, Cruceiro Quebrado, A Inmaculada-3ª Fase,
Para as obras de rehabilitación da fachada principal dun edificio de vivendas na rúa Vázquez Núñez, por un importe de 8.306,22, na ARRU O Polvorín, As Camelias, A Carballeira-5ª Fase
Para as obras de reforma interior dunha vivenda na rúa Pastor Díaz, por 9.466,30 €, na mesma ARRU
Para a renovación das fiestras e obras auxiliares nun edificio de vivendas na rúa Inmaculada 3.230,00, na ARRU dos barrios de San Mamede, Cruceiro Quebrado, A Inmaculada
Para a reforma dunha vivenda sita no Grupo Santa Bárbara n 16.937,79 €, na ARRU O Polvorín, As Camelias, A Carballeira-5ª Fase,

Contratación (3)

Aprobar o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, as obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade na Praza da Lexión, coa correspondente aprobación do prego de condicións económico – administrativas por importe de 647.205,50 euros. Disponse tamén a apertura do procedemento de adxudicación, polos tramites do procedemento aberto.
Aprobar o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de plan de choque de mantemento e reparación de infraestruturas urbanas de titularidade municipal, situadas no sector urbano de Ourense, coa correspondente aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares e do prego de prescricións técnicas por importe de 3.500.000,00 euros. Disponse tamén a apertura do procedemento de adxudicación, polos trámites de procedemento aberto.
Rectificar erros materiais existentes no prego de cláusulas administrativas particulares do procedemento aberto para a contratación do subministro da renovación e mantemento de licenzas de software Fortiweb.

Asuntos sociais (1)

Acordar o axuste de anualidades do contrato de servizo de Conserxería de centros cívicos dependentes da concellería de Asuntos Sociais do Concello

Policía Local (1)

Dous expedientes de liberación do crédito

Avogacía Consistorial (7)

Sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2, que desestima o recurso dunha compañía aseguradora en relación a unha reclamación de responsabilidade patrimonial
Sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1, que estima parcialmente o recurso interposto pola comunidade de propietarios dun inmoble na rúa Coruña contra o acordo da xunta de goberno local que declarou a nulidade dunha licenza de obras. O Concello deberá retrotraer as actuacións e resolver de novo o expediente.
Sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Ourense que condena un condutor como autor dun delito contra a seguridade viaria, por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, Imponlle as penas de 33 días de traballos en beneficio da comunidade e privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores durante 1 ano e 1 día. En concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar o Concello na suma de 147,64 euros polos danos que lle causou a un sinal tráfico
Sentenza núm. 182/2022 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2, que estima o recurso dun traballador municipal en materia de remuneracións laborais.
Auto do Xulgado Contencioso-Administrativo nº 1 de Ourense que suspende cautelarmente a executividade dunha resolución impugnada por unha particular
Dar conta dun decreto de desistimento ditado polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 2, por solicitude do seu autor ao desaparecer o obxecto do litixio.
Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, no procedemento interposto por unha particular que solicita a rectificación de autoliquidacións polo Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas