HomeOurenseOurenseO Concello convoca un concurso escolar de microrrelatos para celebrar as Letras...

O Concello convoca un concurso escolar de microrrelatos para celebrar as Letras Galegas 2021

- Anuncio -spot_img

A xunta de goberno local aprobou as licenzas para a reforma de dous inmobles e a execución de dúas vivendas unifamiliares

A xunta de goberno local tratou, na sesión celebrada esta mañá no salón de plenos, 8 asuntos achegados por diferentes áreas.

Licenzas (4). Concedéronse licenzas para a reforma dun inmoble na rúa Ervedelo, cun orzamento de execución material de 868.455,46 euros; para a reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Porto Canedo; e para os proxectos básicos de execución de senllas vivendas unifamiliares, unha en Seixalbo e a outra no núcleo de Erbedelo.

Xestión urbanística (1). O Concello desestima a solicitude dunha mercantil que lle reclama ao Concello o cumprimento íntegro dun convenio para o desenvolvemento urbanístico -en concreto, a apertura dunha rúa- na zona do Polvorín. A tenor dun informe técnico elaborado pola Concellería de Urbanismo, desestímase integramente a petición da promotora.

Educación (1). Aprobáronse as bases e a convocatoria do IX Concurso de Microrrelato, unha iniciativa que desenvolve a Concellería de Educación ao abeiro da Semana das Letras Galegas 2021. O concurso terá dúas modalidades, a infantil -para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria- e a xuvenil -para alumnado de ESO-.

A través desta fórmula, a área de Educación municipal trata de fomentar o uso da lingua galega, potenciar a capacidade creativa dos escolares, e utilizar as novas tecnoloxías como ferramenta de traballo de lectura e de escritura. Nesta edición o tema do concurso será ‘As cores de Galicia’.

Contratación (1). Prorrogouse durante un ano o contrato baseado no acordo marco para a contratación da subministración de electricidade en alta e baixa tensión pola central de contratación da FEMP, adxudicada a Gas Natural Comercializadora S.A., co seguinte fraccionamento do gasto: 968.743,30 euros en 2021, e 521.631,02 euros en 2022, para un total de 1.490.374,32 euros.

Emprego (1). Acordouse o reintegro de 127,74€ a favor da Xunta de Galicia en concepto de liquidación de xuros de demora das subvencións concedidas ao Concello de Ourense con cargo aos programas de Cooperación 2013.

Publicacións Relacionadas