HomeOurenseO Concello creará 30 novas prazas de aparcamento coa reordenación da rúa...

O Concello creará 30 novas prazas de aparcamento coa reordenación da rúa Xosé Luis López Cid, no barrio da Ponte

- Anuncio -spot_img
  • A rúa pasará a ser de sentido único, unha medida que permite optimizar o espazo e aumentar a oferta de estacionamento nunha zona de alta demanda
  • Esta actuación forma parte do plan de mellora da mobilidade urbana para facer os barrios máis accesibles e funcionais

O Concello de Ourense mellorará a ordenación viaria da rúa Xosé Luis López Cid, que pasará a ser de sentido único a partir do vindeiro xoves, 5 de marzo. Esta medida permitirá crear 30 novas prazas de estacionamento nunha zona de alta demanda. A intervención responde á estratexia municipal de mellorar o aproveitamento do espazo público e dar solución ás necesidades de aparcadoiro das persoas residentes e usuarias no barrio da Ponte.

A principal novidade será o cambio na configuración da vía, que deixará de ser de dobre sentido. Esta modificación técnica permite redistribuír as liñas de estacionamento de forma máis eficiente.

Grazas a esta reorganización, o Concello consegue habilitar 30 prazas adicionais que antes eran inexistentes debido á necesidade de deixar espazo para o paso simultáneo de vehículos en ambos os sentidos. Con esta medida, a rúa gaña en capacidade sen necesidade de realizar obras estruturais complexas, aproveitando ao máximo a superficie actual.

O goberno municipal subliña que gañar 30 prazas de aparcamento nunha soa rúa “é unha excelente noticia para a calidade de vida do barrio” e engade que “ademais de facilitar o estacionamento, o sentido único elimina os puntos de conflito e as retencións que se producían cando dous vehículos non podían pasar ao mesmo tempo, aumentando así a seguridade de peóns e condutores”.

Os traballos de sinalización e pintado das novas prazas realizaranse nos vindeiros días coa finalidade de que os cambios se activen o xoves, 5 de marzo. O Concello de Ourense pide desculpas polas molestias temporais que estes labores poidan causar, lembrando que o resultado final suporá un beneficio directo e permanente para a mobilidade da zona.

Publicacións Relacionadas