Home Ourense O Concello dálle licenza á Asociación Daño Cerebral Adquirido Renacer para poñer...

O Concello dálle licenza á Asociación Daño Cerebral Adquirido Renacer para poñer en marcha un centro de día na rúa Clara Campoamor

- Anuncio -

A xunta de goberno local tratou un total de 26 asuntos na súa sesión desta mañá

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá un total de 26 asuntos presentados polas diferentes servizos municipais. Entre eles, a licenza de obra para a execución dun centro de día por parte da Asociación Daño Cerebral Adquirido Renacer, nos baixos da rúa Clara Campoamor.

Licenzas (4)

Conceder licenza urbanística de obra en vía de legalización e para proxecto básico e de execución de vivenda unifamiliar no Camiño do Castro cun orzamento de execución material de 147.984,21 euros
Conceder a licenza urbanística de obra para proxecto básico de construción de vivenda unifamiliar en Prado Loña, cun orzamento de execución material de 216.000 €
Conceder licenza de obra de adaptación e cambio de uso de local a garaxe na rúa Arco, cun presuposto de execución material de 133.304,18 euros
Denegar unha solicitude licenza urbanística de obras en vía de legalización para obras de reforma e ampliación de vivenda unifamiliar nas Barxas Cudeiro.

Aperturas (1)

Concederlle á Asociación Daño Cerebral Adquirido Renacer, licenza de obra para proxecto básico e de execución de local para centro de día de atención específica ao dano cerebral en modalidade terapéutica, nos baixos da rúa Clara Campoamor, cun presuposto de execución material de 71.606,84

Disciplina (1)

Expediente de Disciplina Urbanística pola instalación dun toldo e telladiño na fachada dun inmoble na rúa Parque de San Lázaro. Desestímase o recurso interposto por una empresa á que se lle impuxo una multa coercitiva de 1.000 € por non dar debido cumprimento ao decreto polo que se lle concedía un prazo de tres meses para retirar e demoler o toldo e telladiño na fachada do inmoble

Contratación (1)

Aprobar o expediente para contratar o servizo de mantemento das bases de datos Oracle do Concello, cun orzamento de licitación de 9.750,18 €/ano.

Asuntos Sociais (1)

Propoñer a caducidade da concesión entre o Concello e a Asociación provincial de minusválidos vendedores de prensa, e as que de ese convenio derivasen con terceiros, por un incumprimento manifesto das condicións establecidas no acordo de cesión, e por caducidade do prazo segundo a Ordenanza municipal e o prego administrativo que o rexe, dos quioscos emprazados na rúa da Granxa, rúa de Ervedelo, rúa de Xesús Pousa Rodríguez, rúa de Vicente Risco, e avenida de Vista Fermosa. Apróbase tamén a reversión das instalacións ao Concello de Ourense

Alcaldía (1)

Corrixir un erro no acordo de Xunta de Goberno de 28 de abril de 2022, de delegación de competencias da Xunta de Goberno Local.

Sentenzas

En materia do imposto de plusvalías, a xunta local tomou coñecemento de:

2 sentenzas do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense que estiman recursos de particulares en relación ao imposto de plusvalías, á vista dos acordos da Xunta de Goberno Local que acordaron conformar cos dous demandantes.

En materia de recursos humanos, coñeceu a sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, que estima o recurso contencioso-administrativo interposto por un traballador que reclamaba o abono de pluses de nocturnidade e festividade.

En materia de responsabilidade patrimonial, a xunta local foi informada de 3 sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense que:

estima o recurso dun condutor que reclamaba indemnización polos danos ocasionados ao seu vehículo na rúa Laureano Prieto pola existencia de dúas lóuseas de pedras que estaban soltas. O Concello deberá indemnízalo en 568, 62 euros polos danos e prexuízos causados a consecuencia do anormal funcionamento do servizo público.

estima en parte o recurso interposto polo condutor dunha motocicleta que reclamaba indemnización por lesións e danos nun accidente na rúa Ponferrada. A resolución entende que a causa do accidente foi a existencia de areilla na calzada, e isto é consecuencia dun mal funcionamento no servizo de mantemento e conservación de estradas que lle corresponde ao Concello, pero por outra banda, acolle as alegacións do Concello relativas á culpa da vítima no resultado danoso por non circular coa roupa axeitada e por tanto establece un sistema de concorrencia de culpa e rebaixa a indemnización a 2000 euros dos 9.829,41 peticionados.

desestima o recurso dun usuario que reclamaba indemnización de 5.568,23 euros por unha caída na rúa Pardo de Cela á altura da piscina Rosario Dueñas. A sentenza desestima o recurso e acolle as alegacións realizadas polo Concello relativas a ausencia total de proba que permita acreditar que a caída se produciu como se relata na demanda, e determina a culpa exclusiva da vítima na caída.

Tamén en materia de responsabilidade patrimonial, deuse conta das sentenzas do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 que:

desestima o recurso dun condutor que reclamaba indemnización de 4.444,53 euros polas lesións sufridas ao caer no paso de peóns na Avenida de Buenos Aires na confluencia coa rúa Esgos. A sentenza desestima o recurso e acolle as alegacións realizadas polo Concello relativas a ausencia total de proba que permita acreditar que a caída se produciu como se relata na demanda.

estima parcialmente o recurso dunha usuaria por danos por unha caída nas piscinas públicas de Oira debido a una focha. A sentenza estima parcialmente o recurso por entender acreditada a reclamación presentada pero acolle as alegacións do Concello e minora a reclamación concedéndolle unicamente 6.959,40 euros dos mais de 30.000 que peticionaba.

Outra sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, desestima o recurso dunha empresa en relación coa publicidade institucional do Concello de Ourense.

A xunta local coñeceu tamén a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da A Coruña que desestima o recurso interposto polo Concello e confirma a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo n.º 2 de Ourense, que condena o Concello a aboar unha indemnización de 7.222,49 euros e a executar obras para eliminar as filtracións e o mal estado de mantemento e conservación dunha zona axardinada nas traseiras dun inmoble na rúa Gregorio Fernández.

Auto (1)

A xunta local foi informada do auto, xa divulgado esta semana, do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, na Execución Definitiva, promovida por Autobuses Urbanos de Ourense contra o Concello de Ourense. O auto fixa en 5.582.370,99 euros a cantidade que o Concello deberá abonarlle á empresa concesionaria do servicio de autobuses urbanos por costes pola prestación diste servicio municipal entre os anos 2015 e 2018. Dista cantidade deberá descontarse a suma xa satisfeita, por importe de 3.282.886,73 euros.

Comparecencias (6)

O Concello deberá comparecer diante dos xulgados do contencioso administrativo de Ourense en diferentes procedementos ordinarios (5) en materia de responsabilidade patrimonial, tributos e disciplina urbanística e nunhas dilixencias previas que se tramitan no xulgado de instrución número 3.

Relacionadas

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

A Deputación incorpora unha nova máquina para cooperar cos concellos no mantemento e reparación...

0
A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Publicacións Relacionadas