HomeTerra de CaldelasCastro CaldelasO concello de Caldas de Reis incide na importancia de cumprir coas...

O concello de Caldas de Reis incide na importancia de cumprir coas obrigas de xestión de biomasa

- Anuncio -spot_img

A Administración local lembra que o incumprimento da lei vixente pode acarrear sancións de ata 900 euros, reiterables cada tres meses ata a realización dos traballos, encamiñados a reforzar a seguridade e a prevención de incendios

O Concello de Caldas de Reis lembra á veciñanza da obriga de levar a cabo os traballos correspondentes para a xestión de biomasa. O Goberno local vén de emitir un bando no que recorda que hai que cumprir coa Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma, seguindo as pautas de non presenza de árbores das especies sinaladas na Disposición Adicional 3ª da devantida lei.

Tal e como sinala a Administración local, nas redes secundarias de faixa de xestión de biomasa, a limpeza e posta a punto dar pacelas deberán extenderse nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións destinadas a persoas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais que se sitúen a menos de 400 metros do monte e arredor das edificación silladas destinadas a persoas en solo rústico emprazadas a máis de 400 metros do monte. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros non poderá haber especies árboreas como piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrey, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, carqueixa, xesta, carpaza, xesta-piorno, fente, silva ou toxo. O Concello lembra que os traballos de xestión da biomasa deberán estar finalizados antes de que remate o mes de maio. O feito de non cumprir con estas obrigas pode acarrera a imposición de multas coercitivas de ata 900 euros por hectárea sen tratar, cun mínimo de 100 euros, ata a correcta execución dos traballos. Ademais, esas sancións poden ser reiterables cada tres meses. En calquera momento, o Concello poderá decretar a execución subsidiaria dos traballos, repercutindo os custes correspondentes nas persoas propietarias. En solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, aplicaransa subsidiariamente as obrigas de xestión de biomasa vexetal e retirada de árbores prohibidas.

O Concello incide na importancia de cumprir con esta normativa, de cara a garantir unha maior seguridade no que á prevención de lumes se refiere, agora que chega a época do ano máis sensible no que a incendios se refire. Campaña informativa

Por outra banda, o Concello levará a cabo o vindeiro luns, día 26 de maio, unha iniciativa de concienciación sobre o coidado do medio ambiente, coincidindo coa celebración do mercado ambulante no casco histórico. Habilitarase un posto de entrega de composteiros individuais, no que tamén se achegará información sobre os beneficios do seu uso, entre outras cuestións.

Publicacións Relacionadas