Free Porn
xbporn
Home O Carballiño Maside O Concello de Maside recibe o auto de execución forzosa da sentencia...

O Concello de Maside recibe o auto de execución forzosa da sentencia firme que anulaba a concesión da licencia de obra dunha casa

- Anuncio -

O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº2 de Ourense deu conta o Concello de Maside por mediación dun Auto de que deberá executar a Sentencia que o condenou en novembro de 2021 abrindo a porta a responsabilidades penales do seu alcalde.

O voceiro popular remarca que o alcalde foi coñecedor en todo momento de que a súa actuación non se axustaba a dereito xa que era ó mesmo tempo, redactor do proxecto, director da obra, firmante da licencia de obra anulada e alcalde do Concello.

O Partido Popular de Maside rexistrou onte pola mañá un escrito solicitando a dimisión automática e o recoñecemento dos feitos por parte do alcalde.

O Grupo do Partido Popular de Maside ven de coñecer o auto de execución forzosa que con data 17 de abril de 2023 ditou o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de Ourense en virtude da Sentencia ditada o 10 de novembro de 2021, na que se anulaba a licencia de obra Nº7 do Concello de Maside e se condenaba o derribo de todo o construido ó amparo da mesma.

Neste Auto de execución forzosa o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de Ourense acodou ordear ó Concello de Maside a executar a Sentencia firme de novembro de 2021 pola que se anula a licencia de obra Nº7 do Concello. Acordou tamén que se poidan adotar as medidas necesarias para a súa efectividade, así como a posibilidade de impoñerlle multas coercitivas de 150 a 1500€ ó alcalde. Por último, acorda tamén a posibilidade de deducir testemuño de particulares e “esixir responsabilidades penales” a quen lle correspondan.

O voceiro popular, Nacho Campo, resalta que “o alcalde foi coñecedor en todo momento de que a súa actuación non se axustaba a dereito xa que era ó mesmo tempo, redactor do proxecto, director da obra, firmante da licencia de obra anulada e por descontado alcalde do Concello de Maside.”

Sabedores disto, Nacho Campo, en representación do seu partido di que “sentimos un gran pesar polo desenlace deste caso no que un veciño vai a sufrir as consecuencias dunha actuación neglixente tanto no legal coma no moral levada a cabo polo alcalde.”

Como consecuencia do anterior, o Grupo do Partido Popular de Maside presentou na mañá deste xoves, unha petición de dimisión automática e o recoñecemento dos feitos por parte do alcalde.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas