HomeOurenseO Concello de Ourense abre mañá xoves o prazo para as empresas...

O Concello de Ourense abre mañá xoves o prazo para as empresas que queiran adherirse á campaña Bono100€

- Anuncio -spot_img

Empresas: O rexistro é a través dun sinxelo formulario en liña que se pode atopar no espazo web www.bonosourensecomercio.gal

Cidadanía: A campaña para que a cidadanía poida solicitar o bono comezará o vindeiro 10 de abril.

A partir de mañá xoves, 23 de marzo, e até o 15 de abril (incluído), os establecementos de comercio e hostalería de menos de 50 traballadores e dados de alta no IAE nalgún dos epígrafes recollidos nas bases [no PDF anexado coa noticia] publicadas no BOP do 17-3-23, poderán adherirse como provedores no BONO100€ do Concello de Ourense.

A forma de rexistrarse é a través dun sinxelo formulario en liña que se pode atopar no espazo web www.bonosourensecomercio.gal. A campaña para que a cidadanía poida solicitar o bono de consumo comezará o vindeiro 10 de abril.

Publicacións Relacionadas