HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense abre prazo de preinscrición de novo alumnado para...

O Concello de Ourense abre prazo de preinscrición de novo alumnado para os cursos da Escola Municipal de Idiomas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense abrirá pasado mañá, xoves, día 16 de xuño, o prazo de preinscrición de novo alumnado para os cursos da Escola Municipal de Idiomas. Do 16 ao 26 de xuño, o alumnado de 2º, 3º, 4º da ESO, empadroado no Concello pode facer este trámite a través da páxina web da Concellería de Educación www.educacionourense.com. No mesmo prazo, deberán entregar por vía electrónica ou presencial, a documentación xunto co número ou copia da solicitude xerada na preinscrición online.

Os cursos teñen unha duración coincidente co curso escolar. Os grupos que se ofertan serán:

2º ESO: martes e mércores, de 19 a 19:50h
3º ESO: martes e mércores, de 20 a 20:50h
4º ESO: martes de 17 a 18:50h

A taxa é 19.80 euros por matrícula e unha cota trimestral de 59.60€.

As listaxes provisionais das persoas admitidas publicaranse o día 29 de agosto na páxina web educacionourense.com e nas oficinas da Concellería de Educación, na rúa da Canle, 4. A listaxe definitiva publicarase o 6 de setembro e o prazo de matrícula será desde o 7 ao 9 de setembro.

Publicacións Relacionadas