A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria tratou un total de trece asuntos de diversas áreas municipais.
A Xunta de Goberno Local, reunida esta mañá en sesión ordinaria, acordou a aprobación das bases que rexerán a selección de proxectos para a Escola Municipal Continua. Esta iniciativa busca dinamizar a oferta formativa e cultural e ofrecer un espazo de aprendizaxe permanente que responda ás demandas actuais da sociedade ourensá.
Outros asuntos da orde do día
I. Licenzas Urbanísticas, de Actividade e Disciplina
- Vivendas unifamiliares:
- Proxecto básico de construción de vivenda unifamiliar en Cardenao
- Reforma dunha vivenda unifamiliar illada na rúa Regueiro Fozado
- Cambio de titularidade da licenza de obra para unha vivenda unifamiliar na Urb. Pazo de Ramirás
- Accesibilidade e ascensores:
- Reforma de cinco portais e modernización de ascensores no Edificio Malingre (rúa Ervedelo e avda. de Portugal)
- Instalación dun ascensor na rúa Vasco Díaz Tanco
- Instalación dun ascensor na rúa Nicomedes Pastor Díaz
- Instalación dun ascensor na rúa San Paio
- Instalación dun ascensor e construción dun garaxe nunha vivenda na rúa da Amizade
- Locais e outras reformas:
- Reforzo estrutural da planta baixa nun local comercial na praza de Santa Eufemia
- Legalización e terminación dunha reforma de vivenda na rúa Doutor Marañón
II. Patrimonio e Responsabilidade Patrimonial
- Responsabilidade Patrimonial:
- Reclamación por danos nun vehículo na OU-1211 (Entrimo)
- Recurso de reposición por reclamación de lesións tras unha caída na rúa Ramón Cabanillas



