HomeOurenseO Concello de Ourense buscará unha mellor localización para o parque canino,...

O Concello de Ourense buscará unha mellor localización para o parque canino, que non será o parque Angelita Paradela

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense buscará unha mellor localización para o futuro parque canino da cidade, inicialmente previsto no Parque Angelita Paradela. Así o anunciou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen entende que “non se debe fragmentar ese parque, emblemático do barrio de Barrocás. É un espazo extraordinario de esparexemento e lecer para a veciñanza que se vai poñer aínda máis en valor coa construción dunha nova piscina”.

“Localizar aí un parque canino suporía recortar o parque, e iso non procede”, asegurou o rexedor, quen manifestou que esta decisión está avalada pola veciñanza e pola comunidade educativa do barrio.

A cidade contará co parque canino promovido polo Concello e a Xunta a través dun convenio de colaboración recentemente asinado, pero buscaráselle un mellor emprazamento, presumiblemente noutra zona de Barrocás que resulte máis óptima para este servizo. O Concello dara traslado desta decisión á Xunta de Galicia.

Publicacións Relacionadas