HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense desminte o suposto impago de nóminas no servizo...

O Concello de Ourense desminte o suposto impago de nóminas no servizo de autobús urbano, publicado na Cadena Ser

- Anuncio -spot_img

A empresa Avanza confirmou que as nóminas de marzo páganse hoxe día 31 do mismo mes de marzo.

Ante a noticia publicada na Cadena Ser Ourense, sobre un suposto impago de salarios aos traballadores da concesionaria do transporte público, o Concello de Ourense desexa aclarar:

  1. A empresa Avanza confirmou que, con data de hoxe, martes 31 de marzo, as nóminas foron abonadas con total normalidade, cumprindo, e con marxe, os prazos legais e laborais.
  2. O Concello lamenta que se dean por válidas informacións que resultaron ser falsas (fake news). Resulta preocupante que se difundan mensaxes sobre un impago inexistente, xerando unha alarma social innecesaria entre o persoal e a cidadanía.

Deste xeito, o Concello de Ourense nega categoricamente calquera irregularidade económica no servizo e insta aos axentes sociais e mediáticos a contrastar os datos antes de dar pábulo a acusacións carentes de fundamento.

Publicacións Relacionadas