HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia...

O Concello de Ourense e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asinan un convenio de colaboración para axilizaren as licenzas urbanísticas

- Anuncio -spot_img
  •  
  • A medida procura reducir os tempos de espera, aforrar custos e garantir a máxima transparencia e seguridade xurídica.

O alcalde do Concello de Ourense, Gonzalo G. Jácome, xunto co concelleiro de Urbanismo, Francisco Lorenzo, reuníronse esta mañá co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) representado polo seu decano, Luciano González Alfaya, e a súa delegada en Ourense , Emma Noriega para asinar un convenio de colaboración estratéxico.

O obxectivo principal deste convenio é a axilización e simplificación dos trámites para a cidadanía e os profesionais. Ao conectar ambas as plataformas, búscase simplificar os trámites administrativos, reducir os custos operativos e avanzar nos obxectivos de sustentabilidade ambiental grazas á eliminación total do papel e á eficiencia enerxética dos procesos dixitais.

O alcalde e mais o decano coincidiron en subliñar a importancia desta sinatura que permite axilizar os tempos de tramitación de licenzas, unha redución de prazos e dar resposta ás necesidades de vivenda, activación comercial e impulso de cidade.

  •  

Transparencia e eficacia

Coa posta en marcha deste mecanismo, o Concello de Ourense reforza o seu compromiso coa transparencia na xestión. A interoperabilidade garante que cada expediente estea correctamente asinado e conforme á normativa desde o primeiro momento, o que reduce drasticamente os tempos de revisión técnica e dota de maior seguridade xurídica a todo o proceso urbanístico da cidade.

Publicacións Relacionadas