Sergio Vázquez sempre será lembrado polo seu compromiso co Deporte e co atletismo en particular, pois foi presidente da federación galega e todo un referente nesta disciplina
A súa presenza era habitual nas probas deportivas e sobre todo na Carreira do San Martiño, en cuxa próxima edición se lle renderá unha homenaxe desde o CMD
O Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes manifestan as súas condolencias polo pasamento de Sergio Vázquez, que fora presidente da Federación Galega de Atletismo.
Sergio Vázquez sempre será lembrado polo seu compromiso co Deporte e co atletismo en particular, pois foi presidente da federación galega e todo un referente nesta disciplina.
A súa presenza era habitual nas probas deportivas e sobre todo na Carreira do San Martiño, en cuxa próxima edición se lle renderá unha homenaxe desde o CMD.