HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense é o primeiro de España en aplicar as...

O Concello de Ourense é o primeiro de España en aplicar as recomendacións da FEMP en materia de anti-transfuguismo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense é o primeiro de España en aplicar as recomendacións da Federación Española de Municipios e Provincias en materia de anti-transfuguismo. Así o destacou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, no pleno do Concello que esta mañá se celebrou en sesión extraordinaria para a resolución de reclamacións e aprobación definitiva da modificación da base nº 41 das Bases de Execución do Orzamento vixente relativa á dotacións económicas aos grupos municipais.

O alcalde lembra que esta modificación ten a súa orixe nun acordo do Pleno do Concello celebrado a finais do ano pasado.

A adopción deste acordo permitirá que os grupos afectados por casos de transfuguismo non vexan mermadas por esta circunstancia as súas asignacións económicas. Este é o caso dos grupos de Democracia Ourensana e Ciudadanos na actual Corporación Municipal.

Publicacións Relacionadas