O concello de Ourense atópase actualmente lidando coas consecuencias da mala xestión levada a cabo polos anteriores alcaldes, Manuel Cabezas e Paco Rodríguez en relación á concesión de licenzas “ilegais” da praza de San Antonio,a cal afectará, unha vez máis, ás arcas municipais.
Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga ao concello de Ourense a indemnizar á Tesourería Xeral da Seguridade Social cunha cantidade superior aos 5 millóns de euros polos locais que comprou no seu día para albergar oficinas,todo iso por a” atrocidade” cometida nos mandatos de Manuel Cabezas e Francisco Rodríguez desde o 2005 ao 2015 .
Como é sabido, este procedemento trae a súa causa das reclamacións realizadas para que se declarase que as licenzas polas que se permitiu o dominio privado do subsolo da praza de San Antonio eran nulas, e á vez, a declaración de que o subsolo era do dominio público, demandas que foron estimadas ditando o TSXG sentencia confirmando a nulidade das licenzas concedidas no 2007 por Áurea Soto, concelleira de urbanismo no mandato de Francisco Rodríguez aínda que a “operación” comezou da man de Manuel Cabezas no ano 2005.
No ano 2005 e durante o mandato do Partido Popular regalouse “ este chan de todos os ourensáns” a promotores privados de forma ilegal, feito que lonxe de emendarse, referendouse xerando unha nova ilegalidade cando Francisco Rodríguez chegou á alcaldía no ano 2007 xerando á súa vez uns dereitos aos compradores aos que agora o Concello de Ourense ten que indemnizar despois de levar anos pelexando pola recuperación do terreo público, cousa que se iniciou con Gonzalo Pérez Jácome e conseguiu no mandato de Democracia Ourensá.
A Asesoría xurídica do Concello de Ourense está a estudar a posibilidade de interpoñer un recurso de casación.

