Free Porn
xbporn
Home Ourense O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa...

O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa cunha actividade de ioga na Praza Maior

- Anuncio -

A actividade reuniu máis de 300 participantes, entre profesorado e alumnado, do CPR Luis Vives

Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta mañá na Praza Maior para festexar o día da Educación Física na rúa (#DEFC).

Este día nace co fin de expoñer á sociedade nos espazos públicos os beneficios da educación física e amosar a súa importancia para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades.

Entre os seus obxectivos destaca o fomento da práctica da EF variada en compañía para o benestar físico e social; concienciar dos altos índices de sedentarismo co conseguinte problema de saúde e elevado custo sanitario; transmitir os valores que a práctica da actividade física axuda a potenciar: esforzo, autosuperación, cooperación e/ou empatía.

A xornada tamén é reivindicativa xa que entre os seus obxectivos está o de promover a necesidade dun aumento de horas de Educación Física en sintonía coa opinión do Ministerio de Sanidade, o Consello Superior de Deportes, a UNESCO e a OMS.

Coa práctica de Ioga na Praza Maior, o CPR Luis Vives quere dar a coñecer a nova Educación Física: integradora, variada e divertida orientada a transmitir hábitos de vida saudables e promover a difusión de actividades físicas saudables menos coñecidas.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Luis Menor inaugura Alimagro definindo a esta feira de Xinzo como “o mellor escaparate...

0
O presidente provincial lembrou na súa intervención que “falar da Limia é falar de exemplo de desenvolvemento e produción do sector primario, en Ourense...

A Deputación colabora co IV Torneo Internacional de fútbol sala feminino que se disputará...

0
O IV Torneo Internacional de fútbol sala feminino Deputación de Ourense – Concello de Cartelle disputarase no pavillón Piño Vilachá de Outomuro os días...

A Deputación impulsa a transformación dixital das pequenas empresas ourensás co proxecto “AcelerOU”

0
O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación, Marcos Valiño, presentou hoxe os detalles desta...

A carreira solidaria Ruta 091 requirirá realizar cortes de tráfico no centro da cidade...

0
O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé restricións en certas rúas a partir das 8.00 até as 14.00 horas A carreira Solidaria Ruta 091 requirirá...

Luis Menor destaca á 12ª etapa da Volta como “gran éxito de promoción internacional...

0
O presidente provincial, Luis Menor, e o director da Volta, Javier Guillén, acompañados polos alcaldes dos 12 municipios polos que transcorreu a etapa durante...

Publicacións Relacionadas