O goberno municipal ultima as bases do concurso de comparsas desa cita, que en 2023 se celebrará o 19 de febreiro
O Concello de Ourense incrementará os premios do Desfile do Entroido 2023. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que, con esta iniciativa, o goberno municipal quere fomentar a participación nesta tradicional cita do calendario festivo ourensán.
O Concello de Ourense xa traballa nos preparativos da festa, que en 2023 coincidirá a unha data temperá, concretamente o domingo, 19 de febreiro. Estes días ultima as bases do concurso co que cada ano premia as agrupacións participantes no desfile, que proximamente presentará á aprobación da xunta de Goberno Local, incluíndo este aumento da dotación dos premios.
O alcalde anima a todas as persoas que o desexen a que se preparen para participar na festa da cidade e participar no seu desfile central.



