O concello de Ourense informa dos percorridos alternativos dos autobuses urbanos para o día 31 de outubro

Redacción

Con motivo das celebracións e actuacións previstas para o vindeiro sábado 31 de outubro, o servizo de autobuses urbanos de Ourense sufrirá modificacións temporais nos seus itinerarios habituais. Os desvíos afectarán tanto aos traxectos en dirección ao Parque de San Lázaro como ao Xardín do Posío, establecéndose rutas alternativas para garantir a fluidez do tráfico e o transporte dos usuarios.

As modificacións nas liñas habituais realizaranse en dúas fases para conciliar a mobilidade co desenvolvemento das actuacións programadas.

PERCORRIDOS ALTERNATIVOS:

  1. Dirección Parque San Lázaro (Dúas fases de desvío):

• Fase1: Ata o comezo das actuacións:

O percorrido desde o Xardín do Posío realizarase por: Alameda – Doctor Fleming – Parada Justel – Progreso (con parada provisional no Inorde) – Xoán XXIII – Parque de San Lázaro.

• Fase 2: No momento de comezar as actuacións (Hora aproximada: 21:30h):
O percorrido desde a zona do Xardín do Posío desviarase por: Peña Trevinca – Avenida da Habana – Parque de San Lázaro.

  1. Dirección Xardín do Posío:

O itinerario alternativo fíxase de xeito continuado a través das seguintes vías: Xoán XXIII (Abanca) – Rúa Concello – Avda. Juan Manuel Bedoya – Avda. de Buenos Aires – Rúa Xoán de Novoa – Rúa Emilia Pardo Bazán – Rúa Peña Trevinca.

Restablecemento do servizo


O servizo recuperará a súa normalidade e os seus itinerarios habituais unha vez finalizados os eventos da xornada.

Desde o Concello de Ourense agradécese a colaboración cidadá e recoméndase aos usuarios planificar os seus desprazamentos con antelación, prestando atención á sinalización provisional e ás indicacións nas paradas afectadas.

Comparte este artigo