Home Ourense O Concello de Ourense inicia as obras de mellora da accesibilidade vertical...

O Concello de Ourense inicia as obras de mellora da accesibilidade vertical ao barrio da Cruz Alta

- Anuncio -

O alcalde Pérez Jácome presentou o proxecto, cun orzamento dun millón de euros, que mellorará a integración do barrio, a calidade de vida da súa veciñanza e revalorizará a contorna

O “Ourense vertical” continuará tamén co inminente inicio de obras nas rúas Pastor Díaz, Progreso, Avilés de Taramancos, Pérez Serantes e Rosalía de Castro

O Concello de Ourense inicia no día de hoxe as obras de mellora da accesibilidade vertical ao barrio da Cruz Alta, desde a rúa Xoán de Nóvoa até Nuno de Ousende. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presentou o proxecto, que ten un orzamento de 1 millón de euros e un prazo de execución de 6 meses. O obxectivo, explicou, é mellorar a comunicación entre o barrio da Cruz Alta o e o centro da cidade, a través de dous elevadores que salvarán a forte pendente que existe entre Xoán de Nóvoa e a igrexa da Milagrosa, cunha intervención que, asegurou, mellorará a calidade de vida da veciñanza do barrio e revalorizará a contorna.

Por este motivo, o alcalde destacou que “hoxe é un día sinalado para a cidade e para o barrio”, no que residen 4.000 habitantes, e que tamén verá mellorada a súa comunicacións por autobús. O rexedor explicou que, logo de analizar varias alternativas, o proxecto aposta por salvar a pendente existente a través de dous ascensores verticais, que constitúen a opción “máis viable, factible e integradora”, advertindo que “desde hoxe se revaloriza a zona porque a accesibilidade será moito máis fácil”. As obras serán executadas pola empresa ourensá Proyecón.

O alcalde adiantou que de forma inminente comezarán novos proxectos de mobilidade no marco do plan “Ourense vertical”, que desenvolve o Concello: a semana próxima comezarán as obras na rúa Nicomedes Pastor Díaz, que darán servizo ao barrio da Carballeira. Este mes comezará tamén a execución dos proxectos de mobilidade para conectar a rúa do Progreso coa rúa Concello, e en Avilés de Taramancos, desde o Parque Barbaña á rúa Ervedelo. A finais de febreiro, comezarán as obras na rúa Pérez Serantes, que dará servizo ás Mercedes e ao barrio de San Francisco e, en marzo, no barrio da Ponte, na rúa Rosalía de Castro, entre a pasarela e Vicente Risco

O alcalde subliñou que con estas actuacións, máis a da rúa Concordia, que prevé rematar en marzo ou abril, o Concello completará un circuíto de accesibilidade, co que “desde o nivel do río até San Francisco se poderá ir por sistemas de elevación vertical”, no que constituirá “”un dos eixos máis grandes de toda España” de mobilidade vertical.

Pérez Jácome anunciou tamén que o Concello traballa en novos proxectos destas características: desde a zona dos Viños a San Francisco, na rúa Coenga (proxecto xa redactado que se volverá licitar), na Rampla de Sás, na rúa Vasco Díaz Tanco (A Cuña), Amor Rubial (na zona de Bonhome), na conexión da Avenida Otero Pedrayo e a Avenida de Bos Aires, na Praza 500 (Barrocás) e na N-120 á altura da Praza 200.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas