O libro elixido este ano é A gruta da torre, de Lois Pérez (Ed. Xerais), galardoado co V Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade.
A Concellería de Educación iniciou esta mañá, no Liceo de Ourense, unha nova edición do seu programa educativo ‘Encontros co autor’, no que participan 985 alumnos /as de 5º curso de Educación Primaria de 26 centros educativos da cidade. Este ano, o libro elixido é A gruta da torre, de Lois Pérez (Ed. Xerais), galardoado co V Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade.
Antes do Nadal entregáronselles os libros aos centros educativos para a súa lectura, un exemplar para cada neno/a. Logo de realizaren actividades na aula ao redor do libro cos seus profesores, traballarán sobre unidades didácticas achegadas desde a propia Concellería.
Agora terán a oportunidade de atoparse co seu autor, que seguirá confrontando a súa obra cos novos lectores os días 15, 16 e 17 de marzo.



