Home Ourense O Concello de Ourense inicia un novidoso Plan de Instalacións de parques...

O Concello de Ourense inicia un novidoso Plan de Instalacións de parques infantís multixogos nos barrios da cidade

- Anuncio -

O plan ten como obxectivo a instalación de parques infantís multixogos de ocio nos principais barrios da cidade, para o divertimento de cativos e familias de Ourense, e complementa ao xa iniciado de mellora das zonas de xogos en 70 parques da cidade

Un investimento de preto de medio millón de euros permitirá desenvolver a instalación de dez complexos de xogos infantís e xuvenís, a engadir á oferta de parques infantís da cidade

Os traballos iniciaranse nos barrios da Milagrosa e Barrocás, para posteriormente continuar obras nos barrios da Cuña, A Ponte ou o Couto. Xa no ano 2022 rematarán as obras nos barrios do Vinteún, As Lagoas, zona Centro, ou no barrio de Mariñamansa

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, explica que esta actuación responde a unha petición da veciñanza: “moitos veciños e veciñas transmítenme que os rapaces de máis de oito anos necesitan outro tipo de xogos infantís e en resposta a esta suxerencia deseñamos este plan”, indica o concelleiro

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia o desenvolvemento dun plan de actuación nos principais barrios da cidade, para equipalos con instalacións multixogos para atender a demanda de ocio ao aire libre das familias ourensáns. O investimento sumará un importe de preto de medio millón de euros entre os anos 2021 e 2022.

Os traballos desenvolveranse nos barrios da Milagrosa e Barrocás (Xosé Gil), xa iniciados, e completaranse ao longo dos próximos meses nos barrios da Cuña, A Ponte, O Couto, O Vinteún, As Lagoas, zona Centro, e Mariñamansa.

Estes novos investimentos permitirán o equipamento de servizos de xogos deportivos pensados para os cativos de máis de oito anos e para o ocio das familias. O conxunto das instalacións presentan medidas de seguridade certificadas que aseguran a protección dos usuarios no seu uso diario.

A Concellería de Medio Ambiente informa que o desenvolvemento deste plan permitirá recuperar para a cidade espazos que se mostraban actualmente degradados para os xogos dos rapaces da cidade.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, explica que esta actuación “responde a unha petición da veciñanza, moitos veciños e veciñas transmítenme que os rapaces de máis de oito anos necesitan outro tipo de xogos infantís, e en resposta a esta suxestión deseñamos este plan”, indica o concelleiro, “pensado para o ocio das familias de Ourense”.

Os complexos multixogos ofertarán opcións para o desenvolvemento de deportes coma o fútbol, baloncesto, hóckey herba, ou voleibol. O conxunto dos equipamentos construirase por estrutura en tramex pletina varilla composta por módulos. Este tipo de material permite unha maior seguridade para os usuarios das instalacións.

O equipamento completarase por un conxunto de porterías con travesaños de de 45×45 mm nos fondos, e cun espazo de luz de 60×12 centímetros aproximadamente. Na parte superior instalaranse taboleiros de baloncesto con aros macizos. Todo o conxunto da instalación cumpre os criterios de certificación de seguridade industrial e os materiais estarán construídos partindo do flexe laminado en quente seguindo a Norma EN 10025 Tipo S235 JR, sendo o acabado galvanizado en quente, segundo a Norma EN 1461. Todos os complexos contarán con equipamento con medidas antivandálicas.

Os puntos de entrada ás distintas instalacións deportivas deséñanse tendo en conta as necesidades de accesibilidade da nosa cidade.

Un elemento destacado e o céspede que se vai instalar. Unha superficie novidosa e innovadora que presenta unha estrutura morfolóxica que mellora a seguridade dos usuarios, e os niveis das funcións deportivas. O filamento de composición do céspede recupera o seu estado orixinal despois de cada bote, reducindo a fricción e mantendo a capacidade de resistencia a tracción rotacional e lineal do bote angulado e vertical.

Para Jorge Pumar, “este investimento incrementa de maneira novidosa a oferta de ocio nos parques da cidade e complementa ao plan xa iniciado de mellora dos parques infantís da nosa cidade”.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros...

0
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas...

0
— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril — O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas...

0
O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo O Concello aumenta os premios dos concursos de...

Publicacións Relacionadas