O Concello de Ourense iniciará a notificación formal a todos os establecementos de hostalaría que posúen terrazas e veladores en espazos de uso público. O obxectivo é asegurar o cumprimento rigoroso da nova Ordenanza municipal reguladora da instalación e uso de terrazas de veladores.
Esta ordenanza, de obrigado cumprimento, establece o marco legal para a correcta harmonización do uso hostaleiro co espazo público e a veciñanza. O Concello subliña a necesidade de que os hostaleiros afectados axusten as súas instalacións á normativa vixente no prazo establecido.
- Prazo límite: A data final para a completa adecuación é o 14 de febreiro de 2026.
 - Consulta da Ordenanza: O texto íntegro da nova regulación está dispoñible para a súa consulta no seguinte enlace da sede electrónica do Concello de Ourense.
 
O Goberno local fai un chamamento á colaboración do sector para garantir o benestar de todos os cidadáns e o correcto aproveitamento do espazo público.
        


