Home Ourense Coles O Concello de Ourense, o de Coles e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil,...

O Concello de Ourense, o de Coles e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asinan un convenio de colaboración para mellora do saneamento e depuración das augas

- Anuncio -

O alcalde de Ourense destaca o beneficio medioambiental da obra e que “despois de facer o de Velle, e agora o de Coles, estamos renovando cousas que facía séculos que estaban así”

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, Manuel Rodríguez, alcalde de Coles e José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, rubricaron o Convenio de colaboración que posibilitará o financiamento, execución e entrega das obras de “Mellora do saneamento e bombeo de augas residuais en Sequeiros, TM Coles- Ourense”.

José A. Quiroga sinalou que este proxecto, que supón un investimento de máis de 1.335.000€, será sufragado de acordo ás porcentaxes, 70%, 16,64 %, 13,36 %, polo Estado a través da CHMS, Concello de Coles e Concello de Ourense, respectivamente.

O presidente da CHMS mostrou a súa satisfacción pola firma deste Convenio, a través do que se evitarán as verteduras recorrentes ao arroio Lusín.

O proxecto

Actualmente, gran parte da poboación do municipio de Coles verte as augas residuais a unha fosa séptica de formigón armado situada ao sur do núcleo de Soutullo de Abaixo, que se atopa en moi malas condicións e a vertedura realízase directamente ao arroio Lusín, sen unha depuración efectiva previa, a uns 2 quilómetros da súa desembocadura, na marxe dereita do río Miño.

O obxectivo da actuación é a execución dunha rede de colectores que recollan as augas residuais que chegan á fosa existente xunto ao arroio Lusín ao sur de Soutullo de Abaixo para, unidas ás procedentes do núcleo de Sequeiros, ser conducidas ata a rede de saneamento de Ourense.

Esta actuación require, ademais, a realización de obras na rede de Ourense que permitan ampliar a capacidade das conducións actualmente existentes e que posibiliten a conexión destas novas verteduras á EDAR.

“Con este Convenio ponse de manifesto, unha vez máis, que a colaboración entre Administracións é fundamental para conseguir un uso sostible dos recursos; concretamente neste proxecto aproveitarase o sistema de saneamento, construído recentemente no Concello de Ourense e dotado de tecnoloxía punteira, para poñer fin aos problemas recorrentes de verteduras que ten un municipio de Coles, limítrofe coa capital ourensá”, concluíu Quiroga.

Relacionadas

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

A Deputación incorpora unha nova máquina para cooperar cos concellos no mantemento e reparación...

0
A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Publicacións Relacionadas