test
Home Ourense O Concello de Ourense pecha o exercicio cun remanente de tesouraría de...

O Concello de Ourense pecha o exercicio cun remanente de tesouraría de máis de 123 millóns de euros

- Anuncio -

O alcalde Gonzalo Jácome asegura que estes números poñen de manifesto que Ourense é o concello máis saneado de Galicia

O Concello de Ourense pechará o exercicio contable do ano 2023 cun remanente de tesouraría de máis de 123 millóns de euros. Así o avanzou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, unha vez realizada a fiscalización do expediente que reflicte a situación económica actual do Concello de Ourense. O Departamento de Tesouraría dá conta dun remanente para gastos xerais de 123.597.562,59 euros, unha cantidade que se destinará ao pagamento de gastos xa comprometidos ou reservados e á execución de novos gastos e investimentos, avanza o rexedor.

O alcalde resalta que “estes números din todo o contrario ao que a oposición mantivo durante os últimos meses. O Concello de Ourense non só está moi lonxe de estar na bancarrota que pregonan, senón que ademais é o concello máis saneado de Galicia”. A este respecto, Pérez Jácome incide en que “das 7 grandes cidades galegas, Ourense é a que ten un remanente de tesouraría máis alto por habitante”.

Indicador da solvencia financieira da entidade

O remanente de tesourería reflicte a situación de liquidez dunha entidade ao peche do exercicio, e concreta a cantidade que se atopa dispoñible para financiar gastos, polo que resulta un indicador moi importante para valorar a solvencia financeira a curto prazo dunha entidade local. O Remanente obtense como suma dos fondos líquidos máis os dereitos pendentes de cobranza, deducindo as obrigacións pendentes de pago e agregando as partidas pendentes de aplicación. En síntese, é o indicador que presenta a situación financeira da entidade se, ao 31 de decembro, tivese que pagar todas as súas débedas cos seus recursos a curto prazo.

Relacionadas

Luis Menor ponse a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un proxecto de...

0
·        Para un labor máis eficiente dos representantes públicos en calquera área, pero cunha especial atención ao mundo local, propuxo recuperar o gabinete de asesoría...

O Concello celebra a proposta do COE de que a ourensá Támara Echegoyen sexa...

0
O alcalde Gonzalo Pérez Jácome asegura que “é un orgullo e unha inmensa ledicia” para Ourense, e destaca a figura da regatista, campioa olímpica,...

O goberno municipal pon en valor que as Festas de Ourense 2024 foron “das...

0
As Festas de Ourense 2024 foron "das máis participativas dos últimos anos aínda que tiveron un custo inferior á media dos últimos 20 exercicios...

A Deputación de Ourense, finalista nos Premios do Congreso de Innovación e Servizos na...

0
O proxecto presentado pola administración provincial é a “Área de Benestar: Administración Electrónica Multicanle orientada á Cidadanía”. Os outros dous finalistas xunto á Deputación...

A Deputación e a Casa Museo de Rosalía de Castro colaborarán na divulgación en...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Casa Museo de Rosalía de Castro, Anxo Angueira, para...

Luis Menor inicia un percorrido pola provincia para dar a coñecer a súa candidatura...

0
·      Na sede popular en Celanova e no salón de actos do Concello de Bande, o candidato detallou un programa de partido estruturado en dúas...

Publicacións Relacionadas