O alcalde e o equipo do Departamento de Innovación Tecnolóxica e Dinamización Administrativa presentarán mañá a nova ferramenta
O Concello de Ourense pon á disposición da cidadanía unha nova aplicación mOUbil – Concello de Ourense, que presentarán mañá en rolda de prensa o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o Departamento de Innovación Tecnolóxica e Dinamización Administrativa (DIT) do Concello de Ourense, que a desenvolveu.



