HomeOurenseO Concello de Ourense pon en marcha os xogos de auga no...

O Concello de Ourense pon en marcha os xogos de auga no parque da Alameda do Cruceiro

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Medio Ambiente anuncia a posta en marcha, no día de hoxe, dos xogos da auga no parque da Alameda do Cruceiro. O concelleiro Jorge Pumar destaca que este ano adiantouse a posta en marcha destas instalacións de lecer debido á situación meteorolóxica destes días na cidade

Este verán, anuncia o concelleiro Jorge Pumar, “os nenos e nenas de Ourense poderán desfrutar de máis horas de lecer nesta instalación de ocio, xa que o horario de funcionamento ampliarase para o seu uso tamén polas mañás”

O horario, neste verán, polo tanto, será de 10:00 horas da maña ata ás 21:00 horas da tarde todos os días, de forma ininterrompida, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. Destaca Jorge Pumar que, desta maneira, este verán o servizo aumentará en preto de 600 horas a oferta das instalacións de lecer infantil

A Concellería de Medio Ambiente informa tamén que nos meses de xullo e agosto a oferta de lecer de este parque completarase coa organización de actividades de dinamización para os nenos e nenas da cidade

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, anuncia a posta en marcha, no día de hoxe, dos xogos de auga no parque da Alameda do Cruceiro. O concelleiro Jorge Pumar destaca que este ano adiantouse a posta en marcha destas instalacións de lecer debido á situación meteorolóxica destes días na cidade

Este verán, anuncia o concelleiro Jorge Pumar, “os nenos e nenas de Ourense poderán desfrutar de máis horas de lecer nesta instalación de ocio, xa que o horario de funcionamento ampliarase para o seu uso tamén polas mañás”. Polo tanto o horario de servizo, neste verán, será desde as 10:00 horas da mañá ata as 21:00 horas da tarde, todos os días de forma ininterrompida, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Destaca o concelleiro Jorge Pumar que, desta maneira, este ano, aumentará en preto de 600 horas a oferta de servizo que sen dúbida será un elemento máis a ter en conta por parte das familias ourensás a hora do seu ocio na cidade este verán.

Como complemento da oferta de ocio do parque da Alameda do Cruceiro para os rapaces, a Concellería de Medio Ambiente, organizará nos meses de xullo e agosto, en horario de 19:00 a 20:00 horas, actividades pensadas para o divertimento dos nenos da cidade, en forma de obradoiros de pompas de xabón, globoflexia, xogos populares, ou xogos vinculados o mundo da auga, entre outras ofertas de lecer.

Sen dúbida, “a Alameda do Cruceiro está chamada a ser un punto de ocio no lecer das familias de Ourense este verán”, afirma o concelleiro Jorge Pumar, que espera que as actividades programadas sexan do agrado de nenos e maiores da cidade.

A Concellería de Medio Ambiente recorda que as instalacións contan cun sistema sostible de xestión da auga en circuíto pechado que reduce a pegada hídrica das instalacións de lecer e redunda na sustentabilidade da cidade.

Publicacións Relacionadas