Home Ourense O Concello de Ourense reforma a rotonda de Mariñamansa cun deseño innovador...

O Concello de Ourense reforma a rotonda de Mariñamansa cun deseño innovador de arquitectura acuática dedicado a todos aqueles que nos axudan na pandemia

- Anuncio -

O concelleiro Jorge Pumar afirma que o obxectivo do deseño “é homenaxear a todos aqueles profesionais que están ao noso lado, facendo unha enorme labor, durante toda a pandemia”

Os traballos suman un investimento 48.361,12€, que permitirá a remodelación completa da rotonda localizada na intersección da Avenida de Zamora e a rúa Nosa Señora da Sainza, no barrio de Mariñamansa

O proxecto significará a reforma integral da rotonda, coa incorporación dunha innovadora arquitectura acuática e un novo deseño das columnas de auga do estanque

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de remodelación integral da rotonda localizada entre a avenida de Zamora e a rúa Nosa Señora da Sainza. A renovación incluirá a incorporación de novos equipos de arquitectura acuática, hidráulica e lumínica.

O concelleiro Jorge Pumar recorda que “este proxecto ten un dobre obxectivo: dunha parte a remodelación en si da obra, pero sobre todo homenaxear a aqueles que estiveron, están e seguirán estando na primeira liña da loita contra a pandemia, e recordarnos a todos, no futuro, o labor de aqueles que desinteresadamente ariscaron e arriscan moito por axudarnos a todos”.

As actuacións inclúen a instalación de unha innovadora arquitectura acuática, coa incorporación dunha tobeira principal composta por 24 surtidores parabólicos inclinados que conformarán unha atractiva coroa que pode alcanzar os 3 metros de altura. No centro do estanque inferior, instalarase unha tobeira tipo: columna de espuma, composta por 72 saídas verticais capaces de crear unha gran columna de espuma de ata 2,5 metros de altura.

A instalación hidráulica renovarase de forma completa, incorporando 5 novas bombas somerxidas, un novo equipo de depuración mediante filtro de area e un novo dosificador de cloro. A nova equipación asegura evitar perdas de auga no proceso de xestión e desta maneira mellorar o rendemento ambiental do conxunto da infraestrutura.

A reforma lumínica permitirá a adaptación das luminarias aos novos criterios de sostibilidade co novo equipamento de lámpadas led RGB, que incorporan proxectores de aceiro inoxidable, de potencia de 14 W. Esta instalación complementarase con 32 unidades de PM 20.10 de lámpada led RGB-Se, e a renovación integral do cadro de mando do conxunto da rotonda.

Para Jorge Pumar, esta obra significa “cumprir unha promesa que o meu partido e eu mesmo fixemos nos momentos máis duros do confinamento: crear un conxunto artístico na rotonda en homenaxe ao traballo, dedicación, e valor, que moitos profesionais adicaron á sociedade nos momentos máis duros e que continúan coa máxima profesionalidade e compromiso durante a pandemia”.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas