O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, inaugurou esta mañá as obras de remodelación do parque infantil da rúa Sáenz Díez, executadas polo Concello. Os traballos, cun orzamento de 48.387,90 euros, tiñan como finalidade acadar unha completa posta en valor deste espazo público de lecer emprazado en solo público sobre a terraza do Centro Comercial Ponte Vella.
As obras, financiadas integramente polo Concello de Ourense, consistiron na instalación de novos xogos infantís, pavimento de caucho e o valado do recinto ao redor do seu perímetro. Asistiu ao acto o presidente do Centro Comercial Ponte Vella, Jorge Bermello.



